Os seminarios DRIE desta semana organizados polo grupo GAME xirarán arredor da presentación dos plans de investigación. Carmen Rodríguez Rocha exporá “Administración Dixital e Desenvolvemento Económico Municipal: Estudo de caso da planta local galega” e Jacobo Rivas Sanmartín “Acumulación extractiva, reconfiguración territorial y posibilidades de transición agroecológica en el rural gallego”.
Terán lugar a partir das 16.30 h na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC.
Se non podes asistir de maneira presencial e queres participar por Teams, podes solicitar os datos de acceso á reunión ao correo idega@usc.gal.



